← Volver a produtos

PARAEquipos de marketing e atención ao cliente

JR2 MKT

Bandexa omnicanal, campañas e pipeline comercial con asistentes de IA.

Canles en activación · operan en modo simulado ata conectar cada provedor

Panel de marketing e atención ao cliente que reúne as conversas de todas as canles nunha soa bandexa, segmenta a base de clientes e automatiza campañas, con cumprimento RXPD sempre activo.

  • Bandexa omnicanal
  • SmartLists
  • Bots con IA
  • RXPD
01Que fai

Bandexa omnicanal

  • Todas as conversas das distintas canles reunidas nunha soa bandexa de entrada.
  • Ficha central de cada persoa cos seus datos, o seu historial e as súas etiquetas.
  • Campos personalizados e etiquetaxe para segmentar sen saír da ficha.

SmartLists e campañas

  • SmartLists: defines a quen queres chegar con condicións sobre a base de clientes.
  • Campañas sobre esas listas, con modelos reutilizables.
  • Medición de envíos, aperturas e clics.

Pipeline comercial

  • Taboleiro de vendas coas oportunidades organizadas por etapas, do primeiro contacto ao peche.
  • Importe en xogo e previsión de ingresos dunha ollada.
  • Actividades e tarefas asociadas a cada oportunidade.

Captación e encamiñamento

  • Formularios para captar leads desde internet.
  • Trigger links para medir clics nas ligazóns que envías.
  • Encamiñamento: a quen lle chega cada conversa e con que prioridade.

Bots con IA e reputación

  • Asistente que le as mensaxes entrantes e propón ou dá resposta.
  • Seguimento da reputación e das reseñas.

Cumprimento

  • Cumprimento RXPD activo de forma permanente, non como opción.
  • Xestión de baixas comerciais.
  • Acceso unificado con JR2 OS, ou acceso propio con dobre factor e bloqueo por intentos fallidos.
02Por que é distinto

Por que JR2 MKT

  • O cumprimento RXPD non é un módulo que se contrata á parte: está activo desde o primeiro envío.
  • Comparte identidade e base de clientes con JR2 OS, de modo que marketing e comercial ven a mesma ficha.
  • As SmartLists traballan sobre os datos reais do CRM, non sobre listas exportadas que quedan vellas.

Precisas algo así, pero para o teu?

Calquera destas plataformas é o punto de partida dunha solución a medida. Cóntanos a túa operativa e dicímosche que parte xa está construída e cal habería que levantar.

Solicitar unha demostración

CONTROL DE COOKIES

Usamos cookies de Google Analytics para medir o uso da web e mellorala. Só se instalan se as aceptas, e rexeitalas non limita a navegación. Política de cookies